Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
			
		
		
			
			
				Talento galego nos beléns de todo o mundo
                            G24.gal
                        
                            27/10/2023 20:40
                        
                        
                                Última actualización 27/10/2023 20:49
                        
                        
                    
                    Con pulso firme e moito agarimo, Lupe Soto vai dando vida ás figuras que formarán parte de distintos beléns en todo o mundo. Entre as súas especialidades están as pezas en miniatura.
A súa paixón son as figuras de animais, aínda que por encargo tamén fai pesebres con todos os detalles para particulares. Hai 15 anos que se dedica profesionalmente aos beléns e as súas creacións están presentes en toda España, pero tamén nos Estados Unidos ou Porto Rico.
Nestes días xa está empezando a recoller os encargos para o ano que vén.