Cargando resultados...
Felipe Criado: "Unha soa disciplina non é capaz de dar respostas"
Felipe Criado foi recoñecido co Premio Nacional Ramón Menéndez Pidal na área de Humanidades
Na súa traxectoria investigadora abriu canles de estudo como a arqueoloxía da paisaxe
O proxecto 'XSCAPE: Material Minds' que lidera une arqueoloxía e ciencias cognitivas
Felipe Criado, arqueólogo e investigador
G24.gal
04/11/2023 11:30
Última actualización 02/11/2023 18:13
Felipe Criado Boado podería ser pintor, coma o seu pai, pero foi arqueólogo, profesor de investigación do CSIC e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. Un arqueólogo que creou e consolidou novas liñas de traballo que van desde a arqueoloxía da paisaxe ata a súa contribución innovadora en terreos multidisciplinares coma a cognición.
O Ministerio de Cultura acaba de recoñecer o seu labor co Premio Nacional de Investigación Ramón Menéndez Pidal na área de Humanidades.