Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mar

Tres millóns de euros para baixar ao Villa de Pintaxo

13/03/2023 09:30

O 29 de marzo coñecerase a resolución do concurso e que empresa realizará os traballos

Dous peritos xudiciais insistiron na importancia de acceder ao barco para determinar as causas do naufraxio

As familias esperan coñecer a empresa adxudicataria e que os traballos se fagan antes do mes de outubro


Pescadores e patronal eólica discrepan sobre o impacto dos muíños no medio mariño

11/03/2023 10:14

A Federación Española de Confrarías de Pescadores pide a retirada do plan, a dimisión da Ministra de Transición Ecolóxica e unha entrevista co presidente do Goberno

A Asociación Eólica de Galicia asegura que non está demostrado o impacto dos muíños no medio mariño e apela ao consenso para aproveitar esta "oportunidade"



O sector mar-industria quere axudas europeas de recuperación económica

09/03/2023 12:33

Queren adaptar as empresas aos retos da transformación ecolóxica e dixital

Categorías:  Galicia   Empresa   Mar
Etiquetas:  ECONOMÍA   BRUXELAS

Quintana di que os polígonos eólicos poden supoñer a fin do sector pesqueiro

08/03/2023 08:41

A conselleira do Mar di que as zonas dos polígonos eólicos afectan a caladoiros fundamentais

Rosa Quintana ve marxe para reverter en Europa a decisión do veto á pesca de arrastre 


A Xunta pide unha fronte común europea contra as políticas pesqueiras de Bruxelas

06/03/2023 22:05

Reuniuse o Consello Galego de Pesca para avaliar a situación


Galicia busca unha fronte común con outros países para defender a pesca

06/03/2023 20:56

 A conselleira do Mar presidiu a reunión do Consello Galego de Pesca para analizar a prohibición do arrastre en zonas protexidas ou a descarbonización da frota


Arranca con éxito a campaña de vieira na ría de Ferrol

06/03/2023 14:49

Os mariscadores chegaron a porto co tope permitido

Teñen por diante 16 días de traballo


Rueda valora as axudas á pesca, pero pide máis explicacións sobre o plan de eólica mariña

06/03/2023 13:04

O presidente da Xunta ve con bos ollos que se compense o sector pesqueiro se os parques no mar dificultan a súa actividade


Concentración de bateeiros este xoves diante do edificio principal da Xunta de Galicia en Santiago

A Xunta, disposta a abrir novas zonas de extracción de mexilla, reunirase cos bateeiros

03/03/2023 20:03

O encontro está previsto para a vindeira semana

Etiquetas:  MEXILLÓN
Publicidade
Publicidade