Laboral
Laboral

Recollen sinaturas para blindar as pensións na Constitución
20/03/2023 13:28
"Que non lles permita recortalas, nin privatizalas e que estean obrigados a manter o poder adquisitivo", di Carlos Vázquez, voceiro da Mesa pola blindaxe das pensións en Galicia

O colectivo de procuradores insta a chegar a un acordo para por fin á folga de letrados
18/03/2023 14:06
As negociacións retomáronse este venres, despois de case dous meses de folga
A partir do mércores vindeiro haberá máis xuntanzas para intentar solucionar o conflito
O paro indefinido deixa xa máis de 330.000 xuízos suspendidos en toda España

Milleiros de gregos súmanse á folga xeral convocada polo accidente ferroviario de Larisa
17/03/2023 08:37
Os gregos levan tres semanas de mobilizacións contra o Goberno pola xestión do accidente

Fin da folga da atención primaria en Madrid
16/03/2023 22:01
A Consellería de Sanidade e os sindicatos asinan o acordo que remata con case catro meses de mobilizacións
Os profesionais terán máis tempo para atender os pacientes e melloras salariais

O Goberno e EH Bildu pactan subir ata un 30 % a pensión mínima de viuvez
16/03/2023 16:25
A cambio dese incremento, EH Bildu votará a favor da reforma das pensións
Amais desta suba, tamén acordaron consolidar por lei o aumento do 15 % das pensións non contributivas

A Comisión Europea propón axudar con 1,2 millóns 303 despedidos de Alu Ibérica
16/03/2023 14:17
O fondo serviría para axudar esas persoas a “atoparen novos postos de traballo con medidas de orientación e asesoramento personalizadas, formación profesional e adecuación entre a oferta e a demanda de emprego”

Persoal do transporte de viaxeiros fará folga o 31 de marzo en toda Galicia
16/03/2023 13:25
Un cento de traballadores e traballadoras do sector manifestáronse en Santiago

Xubilados e pensionistas protestan ante o INSS contra a exclusión dixital
16/03/2023 12:54
O colectivo de xubilados e pensionistas da CIG realizou concentración nas cidades galegas pedindo que se manteña a atención presencial
Prevén realizar protestas similares ante as entidades bancarias

Os médicos de familia de Madrid chegan a un preacordo para rematar a folga
16/03/2023 08:15
Hoxe volverá haber unha nova reunión para ratificar o acordo

21 mortos despois de varias explosións nunha mina de Colombia
16/03/2023 07:27
Houbo varias explosións de gas nas minas de Sutatausa, ao norte do país