Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta pecha o círculo do adestrador entre Montanier e Iraola

O Celta pecha o círculo do adestrador entre Montanier e Iraola

Luís Campos está en Vigo para pechar a contratación do técnico

G24.gal 16/06/2023 07:29

Segundo informou o compañeiro da CRTVG Víctor López, o Celta xa ten pechado o adestrador da vindeira temporada. Hai dous nomes sobre a mesa e o círculo pechouse arredor de Andoni Iraola, ex do Raio Vallecano, e Philippe Montanier, técnico que ven de deixar o Toulouse. 

O portugués Luis Campos está en Vigo para completar esa operación, aínda que tamén podería pechar outras como a saída de Rubén Blanco ao Olimpique de Marsella (2 millóns de euros e 4 anos de contrato). 

No tocante ao técnico, o mellor colocado é Montanier (58 anos). O peso de Campos sería definitivo para confiar o proxecto a un adestrador que coñece a Liga (meteu a Real Sociedade na Champions na 12-13), ten experiencia en Inglaterra e moitos éxitos en Francia. No seu último equipo, o Toulouse, acadou o ascenso na 21-22 e no seu regreso á elite foi quen de lograr a Copa de Francia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade