Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fer López xa está en Vigo para pechar a súa cesión co Celta

Fer López xa está en Vigo para pechar a súa cesión co Celta

 O canteirán xogará cedido ás ordes de Giráldez ata final de tempada

Foto Celta Foto Celta
G24.gal 26/01/2026 16:11 Última actualización 26/01/2026 16:14

Fer López xa está en Galicia para asinar co Celta. O canteirán, obxectivo prioritario de Claudio Giráldez, para reforzar o equipo na xanela de inverno, aterrou pouco antes das dez da noite do domingo no areopuerto de Santiago procedente de Londres e desde alí desprazouse por estrada ata Vigo para comprometerse co conxunto celeste.

A pesar de que López estivo no banco do Wolverhampton o pasado sábado no partido que o seu equipo perdeu contra o Manchester City, todo estaba xa acordado co Celta, que esperaba a que o futbolista viaxase á cidade para facer oficial a súa cesión ata final de tempada.

A previsión do Celta é que a perla canteirán debute no partido de Liga que o grupo de Claudio Giráldez disputará no Coliseum contra o Xetafe o vindeiro domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade