Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iago Aspas devolve o Celta á senda das vitorias contra o Mallorca (2-0)

Iago Aspas devolve o Celta á senda das vitorias contra o Mallorca (2-0)

O moañés entrou desde o banco para anotar os dous goles do triunfo, o primeiro de penalti

O cadro vigués colócase con 37 puntos, na sexta posición

G24.gal 22/02/2026 18:24

Minuto a minuto

Ás 18:30h comeza o partido de Balaídos. Celta-Mallorca. Este é o XI inicial de Claudio Giráldez para o partido

E este é o XI inicial do Mallorca

1'

Comeza o partido en Balaídos. Celta 0-0 Mallorca

9'

Primeira aproximación do Mallorca a balón parado. Saca unha falta Darder desde a dereita, e Raíllo cabecea desviado

26'

Estírase agora o Celta á busca do gol. Cabezada de Marcos Alonso que non sorprende a Leo Román

32'

Xogadón de Hugo Álvarez, que cun par de recortes entra na área, pero o seu disparo final sae rexeitado

35'

Gran balón en profundidade para Pablo Durán, pero o dianteiro remata de primeiras manso, ás mans de Leo Román

41'

Lesionado Pablo Durán. Logo de escorregar sobre o céspede, o de Tomiño acaba pedindo o cambio. Entra Williot

45+2'

Descanso en Balaídos. Celta 0-0 Mallorca

46'

Comeza a segunda metade co empate a 0 inicial

48'

Remate de Fer López desde a frontal, e o balón marcha desviado

56'

Carambola do Celta dentro da área, e o balón cáelle a Rueda, que non atina coa cabezada

67'

Tiro lonxano de Vecino que sae por riba do traveseiro

77'

Balón en profundidade a Williot, e o remate do sueco estrélase na poboada defensa do Mallorca

80'

Contra do Celta que culmina Jones cun remate que tampouco atopa portería

82'

Penalti de Raíllo sobre Borja Iglesias!!! O capitán agarra polo brazo ao Panda, e Guzmán Mansilla indica a pena máxima

84'

GOOOOOOOOOOL do CEEEEEELTAAAAA!!! Marca o penalti Iago Aspas!!!!!! Celta 1-0 Mallorca

89'

Dobre ocasión do Celta!!Jones chega á área e sácalla Leo Roman, o rexeitamento cáelle a Aspas, e acaba rematando Borja Iglesias, pero a pelota marcha a córner

90+5'

GOOOOOOOOOOOOL do CEEEEEEELTAAAAAAA!!!!!!! Balón interior para Iago Aspas, e o moañés, que levaba tres meses sen marcar na Liga, anota o seu segundo da noite e sentencia coa perna esquerda!!!!!Celta 2-0 Mallorca

90+8'

A última para Borja Iglesias, que puido anotar o terceiro, pero topou con Leo Román!!!

90+8'

FINAAAAAAL do partido en BALAÍDOOOOS!!! Gañou o Celta logo dunha seca de catro partidos, e sitúase no sexto posto con 37 puntos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade