Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta empata co Betis na Cartuja (1-1), e segue a tres puntos da quinta praza

O Celta empata co Betis na Cartuja (1-1), e segue a tres puntos da quinta praza

O Celta foi moi superior na primeira metade, que acabou con vantaxe grazas a un madrugador gol de Jutglá

O Betis entrou mellor na segunda e empatou por medio de Bellerín

No treito final houbo ocasións para os dous equipos, pero o empate xa non se moveu

G24.gal 15/03/2026 17:41

Minuto a minuto

Ás 18:30h comeza o partido da Cartuja. Betis-Celta. Este é o XI inicial de Claudio Giráldez para o partido

E este é o XI inicial do Betis de Pellegrini

1'

Comeza o partido na Cartuja. Betis 0-0 Celta

4'

GOOOOOOOOOOOL do CEEEEEEELTAAAAAA!!!!!Jutglá dispara desde a frontal e Álvaro Valles non atina a despexar o balón, que acaba na portería. Betis 0-1 Celta

11'

Ataca agora o Betis, e Starfelt ten que sacar un remate desde a frontal que ía cara a portería

14'

Balón a Pablo Durán que chega dentro da área, e a súa volea marcha lixeiramente desviada

16'

Agora é Jutglá o que volve chegar man a man, e sácalle o remate Valles

29'

Gran xogada do Celta pola esquerda, asiste Hugo Álvarez, e Pablo Durán remata desviado desde o punto de penalti

38'

Córner a prol do Betis, bota Fornals e Bartra cabecea por riba do traveseiro de Radu

43'

Remata Álvaro Núñez á saída dun córner, e o balón vai manso ás mans de Valles, que inicia unha contra, e Abde remata de cabeza tamén ás mans de Radu

45+1'

Descanso na Cartuja. Gaña o Celta co gol de Jutglá, aínda que tivo ocasións para levar unha maior renda

46'

Comeza a segunda metade na Cartuja. Betis 0-1 Celta

48'

Gol do Betis. Empata Bellerín gañándolle as costas a Marcos Alonso pola dereita. Betis 1-1 Celta

70'

Bartra e Valles enléanse logo dun centro desde a dereita, e o balón acaba en córner

72'

Disparo de Ruibal, que culmina unha contra, e o balón marcha desviado

81'

Gran movemento de Borja, que envía o balón á rede á terceira, pero comezaba a xogada en fóra de xogo, así que o gol non sube ao marcador

84'

Paradón de Radu a lanzamento de Ruibal

90+1'

Anthony remata desde o costado dereito da área, e para Radu abaixo

90+5'

Falta perigosísima que acaba rematando Natan, e para Radu cunha man espectacular, botándolle o pano ao partido

90+5'

Final na Cartuja. Empate a uns, que deixa a diferenza de goles entre os dous equipos empatada, e o Celta a tres puntos do Betis

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade