Artes plásticas

10/06/2025 13:38
'Sobre todo', o último proxecto artístico de Enar de Dios, exponse na Normal
Ademais do ensaio audiovisual, a exposición inclúe varias pezas pensadas especificamente para o espazo coruñés
A mostra aborda cuestións como a extinción de especies voadoras, as tecnoloxías de control remoto, a lexislación do espazo ultraterrestre e o extractivismo futuro

Eduardo Valiña: "Sen Amparo non existiría Granell"
09/06/2025 13:18
A Fundación E. Granell creouse en 1995 coa obra e o legado do propio Granell, unha colección de arte de vangarda ou unha colección étnica
'Granell cumpre 30 anos' é un percorrido artístico e vital do artista, desde a súa vinculacion con Galicia como referente da súa obra
'Granell cumpre 30 anos' e 'Boutique Amparo' pódense visitar no segundo andar do Pazo de Bendaña en Santiago de Compostela

Xosé Iglesias:"A miña ilusión sería atopar unha gran balea no porto da Coruña"
05/06/2025 14:53
Mariñeiro de raza e de vocación, Xosé Iglesias preséntanos o seu novo álbum ilustrado: 'Nao Cetácea'
Xosé navegou e pescou nalgúns destes barcos debuxados, outros escolleunos pola fascinación que lle provocou a súa fasquía
O libro conta historias de mariñeiros que queren seguir sendo mariñeiros nun mundo que está a piques da desaparición

Raquel G. Figueiras: "A casa é a metáfora do ser, un espazo sagrado de liberdade"
04/06/2025 13:45
Raquel G. Figueiras lévanos ata un mundo de criaturas extraordinarias en 'Materia condutora'
A mostra pode verse no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o 13 de xullo
Predominan as pezas cerámicas, pero tamén son relevantes os traballos feitos en madeira e pinturas con tinta chinesa sobre teas

A Xunta propón expoñer os murais de Urbano Lugrís na rúa Olmos
04/06/2025 13:11
Tras unha reunión de varios conselleiros, a idea é que non saian da cidade da Coruña
Este mércores terán outro encontro para decidir a localización final, que apunta ao local no que se encontran da rúa Olmos

Cinco muralistas participan na undécima edición do Rexenera Fest de Carballo
01/06/2025 19:38
O evento ten programadas rutas guiadas polos murais e outras actividades paralelas ata o domingo día 8 de xuño
Despois de once edicións, Carballo conta con máis dun centenar de murais, sobre todo en edificios privados

Os novísimos da fotografía de moda galega, das EASD galegas a Fondazione Sozzani
30/05/2025 14:33
A segunda edición de Future Stories pode ver no Silo do Porto da Coruña ata o 17 de xuño
A exposición compleméntase cun catálogo a venda, cuxo importe irá destinado á terceira edición do programa
O 28 de xuño a Fundación MOP inaugurará na Coruña a súa seguinte exposición: David Bailey’s Changing Fashion

28/05/2025 14:46
EMRA é un proxecto que fomenta a independencia feminina a través da colaboración con mulleres artesás e artistas
As artistas Alejandra Pombo Su e Loreto Martínez Troncoso presentan proxecto xunto coas mulleres da Asociación de Redeiras o cero de Cangas que lidera Pili Nogueira
A exposición 'Escoitar' está instalada no edificio do Tinglado do porto de Vigo ata o día 30 de maio

Cris Romero: "Non é doado fotografar a borraxeira porque perdes perspectiva"
27/05/2025 13:24
'Perseguindo a borraxeira' é a exposición da fotógrafa Cris Romero na Igrexa da Universidade en Santiago
Nada en Ourense e residente en Madrid Cris Romero leva máis de 15 anos como fotógrafa artística
As fotos van acompañadas de textos da xornalista viguesa María Lama

O III festival BDra Gráfica premia o autor de banda deseñada Rubén Pellejero
25/05/2025 21:58
O encontro que se celebra en Pontevedra reuniu 24 postos de venda de cómics