Publicador de contidos

Ocupan ilegalmente unha casa e cénsanse na de en fronte

Ocupan ilegalmente unha casa e cénsanse na de en fronte

Na parroquia viguesa de Lavadores están fartos da súa agresividade

G24.gal 17/08/2023 13:35

Fronte por fronte, así están situadas a casa ocupada ilegalmente e a casa en que se censaron os seus habitantes. A hipótese dos propietarios da vivenda é que o fan para simular ser un núcleo familiar máis e recibir máis axudas sociais.

Son tantos os que residen na casa ocupada que os veciños xa perderon a conta. Ruidosos, falan a berros, queiman cable e fan fogueiras pola noite estragando as coladas dos veciños, os cativos invaden a estrada co perigo que iso supón...

Tamén din que crían cans e gatos sen control que rematan nas casas dos veciños. Tamén insultan e ameazan e mesmo chegaron a facer un artefacto explosivo caseiro. 
Algúns destes veciños dormen cos cascos postos polo barullo nocturno que fan, malia a presenza policial, sobre todo diúrna, as molestias e a agresividade non cesan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade