Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zurbriggen e Muñoz analizan a derrota do Obradoiro no Sar

Zurbriggen e Muñoz analizan a derrota do Obradoiro no Sar

Os xogadores cren que a  inactividade e os erros propios lapidaron as opcións santiaguesas no Sar

G24.gal 15/01/2022 21:57

Trala derrota ante Bilbao Básket, o Galicia en Goles baixou aos vestiarios do Multiusos Fontes do Sar para recoller as opinións dalgúns xogadores do equipo dirixido por Moncho Fernández. No micrófono de Alfonso Pardo falou o arxentino Fernando Zurbriggen.

"Primeiro, é unha ledicia volver xogar tras un mes en casa. A diferencia estivo que nós xogamos só no segundo tempo, incluso poñéndonos por diante. Atopamos ritmo de xogo, pero faltou continuidade pero hai que solucionalo con carácter e baixar o cu. A defensa pode ser calquera, pero ten que ser intensa, por moito que non xogásemos en dous meses"

 

Outro dos xogadores que falou tralo encontro foi Álvaro Muñoz, que tamén sinalou ao propio equipo sen buscar escusas.

"Se soubésemos explicar isto xa teriamos atopado unha solución. Creo que a chave son as pequenas desconexións que temos, principalmente en defensa. En ataque imos anotando, pero este tipo de cousas, permitindo canastas fáciles, van sumando e logo pagas"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar