Publicador de contidos

Publicador de contidos

Valioso empate do Ourense C. F. en Zamora (0-0)

Valioso empate do Ourense C. F. en Zamora (0-0)

O punto non lles serve os ourensáns para abandonar a última posición da clasificación

Estrea do ex do Deportivo Óscar Cano no banco do equipo zamorano

@ourense_cf
G24.gal 12/11/2025 21:19

O Ourense C. F. sumou un punto no desprazamento a Zamora para xogar ante o equipo local. No partido adiado pola disputa da final da Copa RFEF a fin de semana pasada, o cadro de Dani Llácer salvou un empate ante o conxunto castelán no que se estreaba no banco o exadestrador do Deportivo Óscar Cano.

Na primeira metade o peso do partido levouno o equipo da cidade das Burgas. Sen chegadas claras pero con máis posesión de balón. Na beira do descanso chegaría un dobre susto para o equipo ourensán. Primeiro ao sinalar penalti o colexiado tras un forcexo a saída dun córner. Tras revisalo na videoarbitraxe rectificou e deixou sen sanción a xogada. Noutro saque de esquina chegaría a mellor ocasión para os locais, Miquel Codina rematou o pau traveseiro un saque de esquina botado por Kike Márquez.

E volvería toparse coa madeira o Zamora ao inicio da segunda metade. O exourensanista Carbonell plantouse diante de Álvaro Ratón pero o seu disparo foi o pau esquerdo da portería galega. Reaccionarían ben os pupilos de Dani Llácer que se achegaron ao gol tras dúas internadas de Amin por banda esquerda que non puideron cristalizar.

Nos minutos finais intensificou o seu dominio o equipo de Óscar Cano, pero o cadro das Burgas defendeu con orde e intensidade e soubo gardar o empate final. Con susto incluído,  xa que Kike Márquez estrelou unha falta directa no traveseiro de Álvaro Ratón na última xogada do partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade