Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yulimar Rojas, compañeira de Ana Peleteiro, non estará en París 2024 por unha lesión

Yulimar Rojas, compañeira de Ana Peleteiro, non estará en París 2024 por unha lesión

Foi operada por unha lesión no tendón de Aquiles

G24.gal 12/04/2024 18:05 Última actualización 12/04/2024 18:18

A venezolana Yulimar Rojas, catro veces campioa do mundo e actual campioa olímpica do triplo salto, anunciou este venres que perderá os Xogos Olímpicos de París 2024 debido a unha lesión na perna esquerda que lle impide competir.

"Con moita dor e tristeza quérolles contar que, adestrándome, á recepción dun salto, tiven unha dor intensa que se traduce a unha lesión no tendón de Aquiles esquerdo. O meu corazón está roto tamén e quero desculparme por non poder representalos en París 2024", indicou a venezolana a través dun comunicado publicado nas redes sociais".

Tiña como adestrador a Iván Pedroso, igual que a galega Ana Peleteiro. Sen a venezolana, medran as opcións da atleta de Ribeira.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar