Publicador de contidos

Publicador de contidos

Díaz manten que os presupostos de 2023 non recollen o incremento do gasto en defensa

Díaz manten que os presupostos de 2023 non recollen o incremento do gasto en defensa

Malia iso, a vicepresidenta segunda di que respecta os compromisos do Goberno

G24.gal 31/08/2022 14:20

O gasto en Defensa segue separando os socios do Goberno. Yolanda Díaz asegura que non se contempla nos presupostos xerais do Estado do 2023, pero respecta os compromisos que neste asunto asumiu Pedro Sánchez.

Durante unha conferencia de prensa no Ministerio de Traballo, tras unha reunión coa Asemblea Cidadá polo Clima, a ministra quixo deixar claro que mantén a súa afirmación do pasado luns de que "no teito de gasto non está incorporado o aumento do gasto de Defensa". "Non dixen nada máis", advertiu antes de sinalar que en Dereito dise que "onde hai papel as barbas calan". "Aquí non hai papel pero si documento que se pode escoitar. Aquí o deixo", espetou.  

Con todo, e por mor das afirmacións onte da Portavoz do Goberno de que van cumprir co compromiso do presidente coa OTAN, que supón aumentar o gasto en Defensa ata o 2 por cento do PIB nos próximos exercicios, Yolanda Díaz precisou que vai respectar "sempre a posición do Presidente do Goberno nas competencias que ostenta".

"O incremento do gasto defensa non está incorporado ao teito de gasto e por suposto respecto absoluto aos compromisos do presidente do Goberno", remachou a vicepresidenta segunda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar