Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yolanda Díaz é a única lider política á que os cidadáns dan un aprobado na enquisa do CIS

Yolanda Díaz é a única lider política á que os cidadáns dan un aprobado na enquisa do CIS

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, perde 0,34 puntos e queda cun 4,86 de media

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que repite terceira posición unha nota de 4,28 puntos, 0,37 menos

G24.gal 19/05/2022 14:04

Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno, é a única dirixente política que consegue aprobar a última enquisa do CIS, cun 5,05, e faino nun contexto de baixada xeral da nota que os cidadáns dan aos responsables políticos, porque o resto, todos empeoran as súas notas.

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, que no anterior barómetro de abril despegou como novo líder do seu partido en segunda posición, tras Yolanda Díaz, cun 5,20, perde o aprobado un mes despois e queda cun 4,86 de media, 0,34 menos.

Tamén baixa o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que repite terceira posición unha nota de 4,28 puntos, 0,37 menos.

As notas tamén baixan as notas respecto a abril o líder de Más País, Íñigo Errejón, con 4,00 puntos; a presidenta de Ciudadanos, Inés Arrimadas, 3,58, e o líder de Vox, Santiago Abascal, na última posición con 2,91 puntos.

Cando o CIS pregunta aos españois  a quen prefiren como presidente do Goberno, os únicos que melloran son Yolanda Díaz e Alberto Núñez Feijóo, aínda que con maior contundencia no caso da ministra de Traballo, porque o ascenso do líder do PP é moi lixeiro.

Pedro Sánchez segue sendo o favorito, cun 19,5 por cento, 2,5 puntos menos que en abril, seguido de Alberto Núñez Feijóo, 2 décimas máis, e Yolanda Díaz, cuxo 10,5 por cento supón un repunte de 1,5 puntos máis.

Á pregunta de quen lle da máis confianza, a enquisa CIS detecta un desgaste en Pedro Sánchez e en Alberto Núñez Feijóo. Pedro Sánchez baixa do 31,4% en abril ao 27,8 de maio e Alberto Núñez Feijóo baixa do 38,7 % ao 33,1 %.

Tamén aumentan os que recean de ambos dirixentes. O 61 % di que Feijóo lle xera "pouca" ou "ningunha" confianza (o 55,4 % en abril). Dato negativo tamén para Sánchez, que xera "pouca" ou "ningunha" confianza para o 69,9 %, mentres que na anterior mostraxe estaba no 66,9 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar