Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yolanda Díaz desdóbrase en campaña: apoiará a Podemos pero tamén os seus rivais

Yolanda Díaz desdóbrase en campaña: apoiará a Podemos pero tamén os seus rivais

A líder de Sumar apoiará os candidatos de Podemos e IU, pero tamén a Compromís ou Máis País, enfrontados en Madrid ou Valencia, feudos claves

Polo momento mantense a incógnita de se compartirá actos coa secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra

Feijóo acusa os socialistas de falla de humildade e de deixar o país cheo de "pufos"

Os socialistas acusan o PP de querer converter a política nunha lameira

Yolanda Díaz percorrerá 11 comunidades e nun total de 18 actos de campaña
G24.gal 05/05/2023 14:19

Fin do misterio. Confirmouse o cambio de guión. Yolanda Díaz remangarase na campaña electoral. A líder de Sumar percorrerá 11 comunidades e participará nun total de 18 eventos.  Finalmente houbo fumata branca e arroupará principalmente candidatos de Podemos e IU, pero tamén participará en actos de Más Madrid ou Compromís, marcas rivais do morados.

Esta era unha das principais incógnitas. Pero polo de agora descoñécese se a vicepresidenta subirá ao escenario coa secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra. En todo caso, os morados celebran que a presión fixera efecto.

O obxectivo de Díaz, segundo avanzou o seu equipo nos últimos días, é "evitar que haxa votos progresistas que queden na casa, aínda que para iso deba apoiar candidaturas rivais". Unha fórmula que, a priori, non gusta en Podemos. 

Os morados entraron definitivamente en campaña e intensifican os ataques aos socialistas. Lémbranlle a Pedro Sánchez que "hoxe é presidente grazas a eles". Irene Montero sostén que "Podemos foi condición de posibilidade para expulsar ao Goberno máis corrupto da historia".

Pedro Sánchez centrarase esta fin de semana nas illas Canarias. Os socialistas repróchanlle ao PP que queira converter a política nunha lameira. A ministra de Facenda, María Jesús Montero, reivindica as boas formas e advirte que "cando un se afasta do respecto e das mínimas regras que marcan a educación e a convivencia democrática, quen perde son os cidadáns e a calidade do sistema". 

Feijóo arremete contra a política económica do Goberno. E confirmou que presentarán unha proposta para endurecer as penas contra a corrupción. Europa, di Feijoo, "pide subir as penas aos corruptos e imos presentar unha reforma para volver as penas anteriores por malversación. E só lle pedimos ao presidente do Goberno que nos copie". En Melilla, o líder do PP foi contundente. "Tedes a miña palabra que a corrupción en España non sae barata", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade