Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yolanda Díaz anunciará o 2 de abril a decisión sobre a súa candidatura nas xerais

Yolanda Díaz anunciará o 2 de abril a decisión sobre a súa candidatura nas xerais

A vicepresidenta segunda do Goberno dá por finalizado o "proceso de escoita" á sociedade

Yolanda Díaz nun acto de Sumar en Sevilla (EFE/Raúl Caro) Yolanda Díaz nun acto de Sumar en Sevilla (EFE/Raúl Caro)
G24.gal 20/03/2023 11:53

A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, celebrará o próximo 2 de abril en Madrid o acto de peche do 'proceso de escoita' coa sociedade civil de Sumar, onde se prevé de faga oficial a decisión sobre a súa candidatura ás próximas eleccións xerais.

Así o trasladou nas redes sociais tanto ela como a súa propia plataforma, nun vídeo que desvela ademais o evento que abrirá a nova fase do seu proxecto, e servirá como estrea do liderado de Díaz, terá lugar no polideportivo Antonio Magariños da capital.

Precisamente este domingo e durante un acto en Sevilla, a tamén titular de Traballo manifestou que, "con carácter inmediato", vai tomar unha das decisións "máis importantes" da súa vida, coa que espera contribuír a España.  

Tamén apelou á unidade da esquerda, ao subliñar que cando as distintas organizacións progresistas coinciden "no 90 por cento" do programa político, teñen que "estar á altura do reto" que teñen por diante e a súa "obrigación é camiñar xuntas", parafraseando unha intervención do exlíder de Podemos Pablo Iglesias en 2019.

A decisión de Díaz vaise oficializar un día despois de que Podemos celebre o seu próximo Consello Cidadán estatal, que ten previsto o 1 de abril, e nun contexto de nova tensión con Sumar, dado que os morados condicionan a súa presenza a este acto para pechar antes un acordo de coalición bilateral.

Ata a data Díaz visitou 16 comunidades autónomas durante a súa xira da fase de consulta coa sociedade civil, coa asistencia de máis de 20.000 persoas a estes actos. De feito, durante o que vai de 2023 intensificou a axenda de Sumar con sete actos rexionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade