Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yoel Lago e a aposta pola canteira: "A xente da casa coñece o que é a Afouteza"

Yoel Lago e a aposta pola canteira: "A xente da casa coñece o que é a Afouteza"

O defensa pasou por Ao contraataque días despois de debutar como titular neste Campionato de Liga

G24.gal 24/01/2025 07:13

O defensa do Celta Yoel Lago pasou por Ao contraataque días despois de debutar como titular esta temporada na Liga, contra o Athletic. Foi o último dos xogadores da canteira dos que botou man Claudio Giráldez nunha zaga inédita con Javi Rodríguez e Carlos Domínguez. 

Yoel amosouse encantado de poder compartir equipo con tantos xogadores formados nas categorías inferiores do club vigués e sinalou: "A xente da casa coñecemos ben o significado da Afouteza".

Un dos que tamén coñece ese significado é Iker Losada. O de Catoira podería estar preto de regresar a Vigo despois da súa fichaxe polo Betis en xuño. Yoel dixo non ter contacto sobre o tema co que foi o seu compañeiro hai dúas campañas, pero dixo que non o sorprende o rendemento e que todo o grupo estaría "encantado" no caso de regresar. 

Por último, Lago amosou estar centrado no vindeiro partido ante o Alavés (luns, 21:00 horas en Agalega.gal e a Televisión de Galicia). Un encontro que terá o aliciente do reencontro co Chacho Coudet, que dirixiu durante tres temporadas ao cadro celeste. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade