Yeremay, o xogador do mes no Deportivo: "Se es pesado, os goles acabarán entrando"
O canario acaba de debutar como titular coa selección sub-21 e leva tres goles no campionato ligueiro
Un dos xogadores de moda no Deportivo é Yeremay Hernández. O canario, no club desde os 16 anos, é titular indiscutible en Segunda División e acaba de debutar como titular nun partido coa selección sub 21, o que lle gañaron a Malta por 6-0.
Yeremay foi considerado o xogador do mes no cadro branco e azul. A súa verticalidade e facilidade para ver o fútbol están gustando moito na categoría. A iso hai que engadirlle os dous goles que marcou diante do Albacete. O centrocampista é o máximo goleador do equipo porque tamén marcou na vitoria por 1-0 diante do Rácing.
A Yeremay non o están acompañando outros xogadores no aspecto goleador, pero o deportivista pide "paciencia e tranquilidade". Considera que "hai que ser pesado, se somos pesados e seguimos na mesma liña, os goles van entrar, seguro".