Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay: "Agora mesmo o normal sería quedar no Dépor"

Yeremay: "Agora mesmo o normal sería quedar no Dépor"

O extremo quixo tranquiliza á afección sobre a súa continuidade, pois ten contrato ata 2030

Foto Deportivo Foto Deportivo
G24.gal 08/05/2025 11:56 Última actualización 08/05/2025 12:02

Yeremay, unha das pezas chave deste Deportivo, recolleu o premio Estrela Galicia que o recoñece como o mellor xogador branquiazul no mes de abril e quixo tranquilizar á afección sobre a súa continuidade no equipo, tras unha tempada na que puido saír xa no mes de xaneiro e ante un verán que se espera moi movido.

"Agora mesmo o normal sería quedar no Dépor, pero o que pode pasar non o sei. Non o sabe ninguén. A xente pode pensar, imaxinar, pero a realidade é que teño contrato ata 2030, que non é pouco e estou tranquilo. Non penso no que pode pasar, penso no momento e no agora", comentou.

"Son xogador do Dépor. En xaneiro volvín renovar e agora mesmo estou enfocado no Dépor, porque é o meu equipo. Teño un dos contratos máis longos do equipo", expuxo.

Tamén agradeceu o agarimo que lle transmitiu a xente cando foi substituído en Riazor no pasado partido ante o Albacete.

"Sentinme moi feliz. Para un futbolista iso é tremendo, estou moi contento por todo iso".

Recoñeceu que en xaneiro falou con Juan Carlos Escotet, presidente do Deportivo, coincidindo con esa ampliación de contrato. Unha relación que admitiu que era moi próxima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade