Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xusto repartimento de puntos entre o Compostela e o Coruxo

Xusto repartimento de puntos entre o Compostela e o Coruxo

O equipo santiagués aguantou máis de media hora con dez xogadores

Anuláronlle dous goles a Youssef Al Watani por fóra de xogo

G24.gal 23/10/2022 14:13

Compostela e Coruxo igualaron no Vero Boquete (1-1) nun partido marcado polo vento e pola chuvia. Nunhas condicións complicadas os dous equipos empregáronse ao máximo e fixeron méritos para non marchar de baleiro. 

Aos 13 minutos marcou Chiqui para o Coruxo e xusto despois, no 17, empatou Darío. Os goles chegaron cedo e logo houbo moitas e boas ocasións xogando sobre un céspede enchoupado. 

A segunda parte marcouna a rigorosa expulsión de Samu (minuto 57) que obrigou ao Compostela a facer un esforzo extra. Defendeuse ben e mesmo tivo algún achegamento sobre a porta de Alberto. O Coruxo viu como lle anulaban dous goles por posición de fóra de xogo de Youssef Al Watani. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade