Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xustiza pide aumentar o uso de pulseiras de control telemático en maltratadores

Xustiza pide aumentar o uso de pulseiras de control telemático en maltratadores

Igualdade pide unha reunión urxente con Interior para reforzar a protección das vítimas

O Partido Popular reclama máis eficacia e menos ideoloxía na loita contra o machismo

G24.gal 30/12/2022 19:40 Última actualización 30/12/2022 20:04

A ministra de Xustiza mantivo unha reunión de urxencia co presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e o Fiscal xeral do Estado ante a vaga de crimes machistas. Pilar Llop avoga por afondar na especialización e comarcalización dos xulgados de violencia de xénero.

E insta aos órganos xudiciais a que fomenten o uso de pulseiras telemáticas para controlar os maltratadores.

"Estanse implantando estes dispositivos desde 2009 e non foi asasinada ningunha muller que o levaba", asegurou Llop.

O ministerio de Igualdade pediu unha nova reunión de urxencia con Interior para que as forzas de seguridade extremen as medidas de control das vítimas. Desde Unidas Podemos falan dun problema de Estado que precisa tamén un cambio cultural profundo da sociedade.

"Estanse impulsando desde o ministerio e desde o Goberno pero ainda hai discursos negacionistas por parte de certos sectores da dereita e o eco que reciben de algún medio de comunicación tampouco axuda a acabar con eles", afirmaba a secretaria de Organización de Podemos, Lilith Vestrynge.

O Partido Popular reclama máis medidas técnicas e menos ideoloxía.

"Abandonar a frivolidade e que desde o ministerio de Igualdade se den conta que as políticas de loita contra a violencia machista teñen moi pouco de ideoloxía pero precisan moita eficacia", dixo a secretaria xeral do PP, Cuca Gamarra.

Ante o aumento de crimes machistas os populares piden que comparezan no Congreso a ministra de Igualdade e o ministro do Interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade