Xunta, concellos e entidades asinan a Axenda Social Única ata o 2024
Feijóo di que marca o camiño para unha "Galicia unida, responsable e comprometida"
Xunta de Galicia, concellos, provincias e o terceiro sector -as entidades de acción social-, asinan unha Axenda Social Única ata 2024. Unhas 253.000 persoas estaban na pobreza severa no ano 2020. Esta axenda galega pretende traballar nas causas e nas solucións coas propias entidades sociais, man a man coas administracións local e autonómica.
"Porque nin a pobreza nin a exclusión se combaten de xeito individual, implícanos como galegos e como galegas, como sociedade, se queremos un presente e un futuro mellor e temos a responsabilidade compartida de traballar para acadalo", afirmou Eloína Injerto, da Rede de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social en Galicia.
"Dende os concellos e deputacións cremos que este é o modelo a seguir. Administracións -neste caso Xunta, concellos e terceiro sector e institucións-, que xestionan cóbado con cóbado unha planificación de servizos integrada e transversal, de xeito que a devandita asistencia chegue a todas as persoas, que non haxa necesidade básica por cubrir sexa cal sexa ou o que sexa".
Para o ano, unha lei galega de inclusión social adaptará as prestacións á situación pandémica. Van reformar a Risga para as familias con vivenda alugada e menores a cargo e amais reducir os trámites burocráticos", dixo Alberto Varela, presidente da Fegamp.
"Galicia comprometida"
O 96 % das medidas recollidas na axenda social asinada en 2016 están cumpridas, segundo entidades sociais, concellos e Xunta.
"Cando un galego o pasa mal, Galicia pásao mal. A Axenda Social Única 2024 marca o camiño a seguir para a Galicia unida, a Galicia responsable e a Galicia comprometida dos próximos anos", defendeu Alberto Núñez Feijóo.