Cargando resultados...
Xulio Ferreiro súmase á candidatura da Marea Atlántica para as municipais
Ocupará o simbólico último posto da lista
Con esta incorporación quere amosar o apoio ao candidato Xan Xove

G24.gal
10/04/2023 20:26
Última actualización 10/04/2023 20:33
Xulio Ferreiro, que foi alcalde da Coruña, súmase á candidatura da Marea Atlántica para as eleccións municipais. Irá no último posto da lista que encabeza Xan Xove, un lugar simbólico que moitas personalidades ocupan para amosar o seu apoio á candidatura.
Xulio Ferreiro foi un dos denominados alcaldes do cambio. Gobernou A Coruña entre 2015 e 2019 e marchou ese mesmo ano tras perder as eleccións. Actualmente é o decano da Facultade de Dereito da Coruña.