Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada clave na pelexa dos galegos na 1ª RFEF

Xornada clave na pelexa dos galegos na 1ª RFEF

O Rácing abre hoxe a xornada contra o Linense na Malata (19 h, G2 e G24)

O Celta B visita León mañá a mediodía

O Pontevedra recibe pola tarde ao Sanse (17 h, G2 e G24)

Pecha a xornada o Deportivo en Cördoba (20 h)

G24.gal 29/04/2023 13:17

Esta tarde as sete veremos na G2 o encontro da Malata entre o Rácing e o Linense. Será o primeiro dos tres compromisos que o equipo de Cristóbal Parralo afrontará nos vindeiros días. O mércores recuperará o partido aprazado de Córdoba, e o domingo visitará o Unionistas. O conxunto ferrolán, a catro puntos do líder, vive este treito de liga con máxima ilusión.

A dous puntos do liderado está o Deportivo, que xoga o domingo as oito en Córdoba. Gañar por fin a domicilio será chave para as aspiracións de ascenso directo do equipo coruñés. Unha misión que os de Óscar Cano afrontarán sen o sancionado Lucas Pérez.

Tamén mañá domingo, pero ao mediodía, xoga o Celta B, que visita a Cultural Leonesa. Malia os últimos malos resultados, o filial celeste segue en posto de playoff, cun punto de marxe sobre o Linares, unha situación que motiva aos futbolistas celestes.

E o Pontevedra, en situación límite, recibe ao San Sebastián de los Reyes en Pasarón. Será mañá as cinco, en directo na G2. Os de Juan Señor están a seis puntos da permanencia e veñen de apañar tres derrotas consecutivas, as dúas últimas moi dolorosas. O técnico dos granates cree na salvación.

Restan cinco emocionantes xornadas nesta Primeira Federación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar