Publicador de contidos

Xoán Carlos I presidiu a entrega de trofeos da oitava edición da regata en Sanxenxo

Xoán Carlos I presidiu a entrega de trofeos da oitava edición da regata en Sanxenxo

O rei Xoán Carlos quedou quinto co Bribón

No acto tamén participou a súa filla, a infanta Helena

G24.gal 01/10/2023 20:58 Última actualización 01/10/2023 21:14

Esta foi a cuarta visita a Galicia do rei Xoán Carlos desde que marchou aos Emiratos Árabes en 2020, e é a terceira visita neste 2023. 

Xoán Carlos I aterraba no aeroporto de Vigo o luns pasado, onde o agardaba, coma nas ocasións anteriores, o seu amigo e anfitrión Paco Campos.

A diferenza da primeira viaxe en maio de 2022, moi mediática, desta vez a súa estadía en Sanxenxo foi de carácter máis privado, pero espertou tamén moita expectación.  

Xoán Carlos I saía navegar o mércores e o venres no Bribón, e tamén volvía facelo este domingo, último día da regata que leva o seu nome.

Nestes días recibía visitas familiares coma a da súa irmá a infanta Margarida, e a da súa filla, a infanta Helena.

"Esta mañá saquei a miña irmá, que veu visitarme, e moi contento", dicía o rei.

A oitava regata finalizou este domingo. Pola tarde celebrouse a entrega de trofeos no Real Club Náutico de Sanxenxo, presidida polo rei Xoán Carlos, que previsiblemente abandonará Galicia este luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos

Publicador de contidos