Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xinzo de Limia acolleu unha xornada para explicar a factura da luz

Xinzo de Limia acolleu unha xornada para explicar a factura da luz

Unha técnica do Instituto Galego do Consumo e da Competencia aclarou conceptos básicos que figuran no recibo

O Concello solicitáralle á Xunta colaborar nesta iniciativa

G24.gal 25/04/2022 20:42

O  obxectivo destas xornadas é que a factura da luz deixe de ser indescifrable para os cidadáns.

Neste caso, a técnica do Instituto Galego do Consumo e da Competencia acudiu ao Concello de Xinzo de Limia. Aclarou conceptos básicos que figuran no recibo para así comprendelo mellor e saber tomar decisións que poidan axudar no aforro. 

Á marxe destes encontros, os técnicos lembran que seguen atendendo calquera cidadán con dúbidas sobre a factura da luz no teléfono gratuíto 900 23 11 23 e na web de Consumo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade