Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ximo Puig di que a estabilidade do Goberno valenciano non corre perigo

Ximo Puig di que a estabilidade do Goberno valenciano non corre perigo

Puig agradeceulle a Oltra a súa decisión para non prexudicar o executivo

Mentres unha parte da esquerda manifesta o seu apoio a Oltra, hai outra que mantén silencio sobre esta dimisión

G24.gal 22/06/2022 14:32

A marcha de Oltra abre un novo panorama no Goberno valenciano. As miradas estaban postas no presidente, que un día despois da dimisión da que era a súa socia no acordo do Botánico  rompeu o silencio. Ximo Puig dixo que esta situación non afectará o Goberno. 

Agradeceulle a súa marcha para non danar a situación do Goberno en Valencisa e criticou o ataques a Oltra e o uso que fai a extrema dereita da xustiza. 

Unha parte da esquerda, a de Yolanda Díaz, coa que a dirixente de Compromís comparte proxecto político, evita pronunciarse sobre a súa dimisión. Si o fixo Ada Colau, tamén imputada e que a través de redes sociais lle manda unha mensaxe na que lle di que cando pase todo agarda a súa volta. O líder de Esquerda Unida loou a responsabilidade de Oltra de deixar o Goberno.

Desde o Partido Popular di que a decisión da exdirixente valenciana chega tarde. 

Un día antes de deixar o seu cargo, a Policía Xudicial rexistraba a Consellería de Igualdade para recebar o expediente relacionado coa menor tutelada que sufriu abusos por parte do exmarido da entón vicepresidenta valenciana. Para a substitución de Oltra non hai data por agora, correspóndelle a Compromís designar quen será a nova vicepresidenta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade