Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ximo Puig renunciará á acta de deputado nas Cortes Valencianas

Ximo Puig renunciará á acta de deputado nas Cortes Valencianas

O aínda secretario xeral do PSPV-PSOE anunciou o sábado ante o comité nacional do seu partido que ía renunciar ao liderado dos socialistas valencianos

Ximo Puig, tras a súa comparecencia no comité nacional do PSPV (EFE/Juan Carlos Cárdenas) Ximo Puig, tras a súa comparecencia no comité nacional do PSPV (EFE/Juan Carlos Cárdenas)
G24.gal 18/12/2023 10:40

O aínda secretario xeral do PSPV-PSOE, Ximo Puig, ten previsto renunciar ao seu escano como deputado nas Cortes Valencianas, en cuxo grupo parlamentario será nomeado como novo voceiro (síndic) o actual secretario de Organización do partido, José Muñoz, segundo confirmaron este luns a EFE fontes do partido.

Puig anunciou o sábado ante o comité nacional do seu partido que ía renunciar á secretaría xeral do PSPV-PSOE e convocouse un congreso extraordinario para o primeiro trimestre de 2024, pero non especificou que ía facer coas actas que ten actualmente tanto en nas Cortes Valencianas como no Senado.

O partido anunciou para as 11:00 horas deste luns unha comparecencia de Puig. O Grupo Socialista nas Cortes Valencianas ten vacantes tanto a portavocía como a portavocía adxunta tras a marcha a Madrid, respectivamente, de Rebeca Torró e de Arcadi España como secretarios de Estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade