Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ximo Puig remodela o seu goberno cambiando os titulares de cinco consellerías

Ximo Puig remodela o seu goberno cambiando os titulares de cinco consellerías

Os cambios afectan a catro das seis consellerías gobernadas polos socialistas e unha das catro de Compromís

Puig asegura que quere "relanzar a Comunidade Valenciana nun ano decisivo"

G24.gal 14/05/2022 20:23 Última actualización 14/05/2022 20:52

Na Comunidade Valenciana, o presidente da Generalitat, Ximo Puig, anunciou unha remodelación do seu Goberno con cambios nos titulares de cinco das doce consellerías. E faino para o último ano de lexislatura.

Eses cambios afectan catro das seis consellerías gobernadas polos socialistas e unha das catro de Compromís. Puig incorpora ao seu executivo, entre outros, a negociadora da chegada da factoría de Volkswagen a Sagunto e coloca á fronte de Sanidade un médico independente.

O presidente da Generalitat destacou o perfil "profesional, xestor e solvente" do novo goberno, que por primeira vez conta con máis mulleres ca homes. Puig destacou que os cambios teñen como obxectivo "relanzar a Comunidade Valenciana cos fondos europeos". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade