Ximo Navarro: "O obxectivo é ascender e ímolo conseguir"
O lateral é optimista ante o final de liga e espera que se lle dunha volta ao calendario de Segunda
O próximo partido será o sábado no Molinón ante o Spórting, partido ofrecido en directo pola G2
Quedan once xornadas para o final de liga e o Deportivo soña co seu ansiado regreso a Primeira. A defensa da segunda posición que ocupa é o gran obxectivo que se marcan no vestiario do Dépor e a mensaxe que sae do vestiario é de optimismo.
Ximo Navarro, un dos máis veteranos, aposta ao éxito branco e azul no último tramo ligueiro.
“O noso obxectivo é ascender e cada vez vai quedando menos. Estou convencido de que o imos a conseguir”, asegura o defensor.
O xogador defende que a unión do vestiario e a capacidade do equipo de manterse toda a tempada na zona nobre son os mellores argumentos para crer.
O próximo partido será o sábado no Molinón ante o Spórting, partido ofrecido en directo pola G2.