Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xavier Pons domina con autoridade no Rally da Auga

Xavier Pons domina con autoridade no Rally da Auga

Co rally xa practicamente gañado o piloto de Skoda marcou de novo o mellor tempo
G24.gal 07/05/2022 17:19

Xavier Pons gañou o Rally da Auga logo de dominar con claridade e marcar o mellor tempos nos 5 treitos disputados. Xunto ao seu copiloto Rodrigo San Juan (Skoda Fabia) non deron opcións aos seus rivais.

Na Televisión de Galicia vivimos as dúas pasadas por Boqueixón. O piloto de Skoda marcou o 'scratch' cun tempo de 10:21,8. Pero é que na segunda pasada, co rally xa no peto, mellorou o seu propio tempo da mañá facendo 10:04,7.

"Gocei moito, é un rally moi bonito. Impresionante correr nestes treitos", respostáballe o gañador do rally ao compañeiro Rodrigo Pérez Pardo.

O podio completárono outros dous Skoda: os uruguaios Rodrigo Zeballos (piloto) e Sebastián González (copiloto); e Felix Macias Dieguez (piloto) e Alejandro Portela Moro (copiloto).

Esta foi a pasada por Boqueixón de pola mañá
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos