Xa se pode mercar lotería de Nadal
Xa se pode mercar lotería de Nadal
Os décimos están á venda dende a mañá deste mércores
Os asiduos á lotería de Nadal poden comprar xa en calquera punto de venda da rede comercial de Loterías algún décimo para participar no sorteo extraordinario.
Este ano repartirá 2.520 millóns de euros en premios
Así o anunciou en conferencia de prensa o presidente de Loterías e Apostas do Estado.
Para o sorteo do 22 de decembro puxéronse á venda este ano 180 millóns de décimos.
A emisión ascende a 180 series (oito máis que o ano anterior) de 100.000 números cada unha e alcanza os 3.600 millóns de euros, dos que se repartirá un 70 % en premios, 2.520 millóns.
O Gordo premiarase con 4.000.000 euros á serie; o segundo premio, de 1.250.000 euros á serie; e o terceiro, de 500.000 euros á serie. O importe do décimo segue sendo de 20 euros.
Os décimos deste ano están ilustrados cunha obra do Museo Nacional do Prado, 'A Virxe co Neno na Gloria', de Carlo Maratti.
O presidente de Loterías quixo incidir no fin social que segue mantendo a institución que preside e co que se fundou en 1763 para "axudar hospitais, hospicios e outras obras. Un fin que se traduce na axuda a máis un millón de persoas vulnerables cada ano, a través da súa colaboración con organizacións como Cruz Vermella, Cáritas e a Asociación Española Contra o Cancro.
Loterías participa en proxectos para que os maiores non se sintan sós, para apoiar as mulleres vítimas de violencia de xénero, para que os nenos e nenas con menos recursos teñan igualdade de oportunidades, para apoiar as pacientes con cancro e as súas familias, ou para axudar as persoas con diversidade funcional, entre outros.