Xa se pode coñecer en só unha hora a nota do exame teórico do carné de conducir
En caso de superar a proba práctica, o aspirante disporá ao momento do permiso provisional de condución a través da app da DXT

Os aspirantes para obter algún dos carnés de conducir, excepto o de mercadorías perigosas e o de recuperación de permiso por perda de vixencia, poderán coñecer a súa nota do exame teórico unha hora despois de realizar a proba se se dan de alta na plataforma Cl@ve.
Así o informou este xoves, nun nota de prensa, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), que asegura que esta mesma semana e en todas as Xefaturas Provinciais de Tráfico se puxo en marcha este proxecto.
Unha vez que o aspirante se dea de alta en Cl@ve, poderá descargar a aplicación de MiDGT e acceder á súa nota de exame. E en caso de superar a proba práctica, disporá ao momento do permiso provisional de condución.
Esta mellora reduce de maneira significativa o tempo de incerteza para os cidadáns e os tempos de espera que implica o trámite para realizar entre a DXT e as autoescolas, subliña Tráfico.
Trátase dun avance dixital que xa se probou cun proxecto piloto na xefaturas de Bilbao e Zaragoza e que, tras os bos resultados, comezouse a implantar esta semana.