Cargando resultados...
Os tests de antíxenos para menores xa están dispoñibles de balde nas farmacias
A proba solicítase coa tarxeta sanitaria nas farmacias colaboradoras
No caso de dar positivo, o Sergas fará unha proba de contraste
G24.gal
18/12/2021 15:02
Os tests de antíxenos de balde para menores de entre 5 e 11 anos xa están dispoñibles nas farmacias que colaboran co Servizo Galego de Saúde.
Cada menor dese grupo de idade pode solicitar coa tarxeta sanitaria nas propias boticas unha proba para realizar durante estas datas.
No caso de dar positivo, será o Sergas o que convoque a persoa afectada para facer unha proba de contraste.
A chegada destes tests sufrira un atraso por un problema en "aduanas" no porto de Valencia, segundo confirmou o venres o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.