A nova tarxeta sanitaria virtual xa está dispoñible
Xa se pode utilizar fora de Galicia grazas a un código QR
É necesario descargar a nova tarxeta sanitaria dixital na aplicacion Sergas Móbil para poder operar con ela
"É unha tarxeta máis que se incorpora ao teléfono e que te podes despreocupar totalmente das físicas", conta María José García Gómez, titular de farmacia.
Tamén cando viaxas foras de Galicia. E é que esta nova tarxeta sanitaria virtual pódese utilizar en todos os centros de saúde e todas as famarcias do territorio español grazas a implementación dun código QR.
A nova versión xa está dispoñible na aplicación Sergas Móbil. Dende que empezou a funcionar a tarxeta virtual foron moitos os usuarios que preferiron este sistema que ademais é de balde. E máis comodidade tamén para os farmacéuticos
"A maioría delas non funcionaban porque había que teclealas a man, entón vaia, isto é un avance", continúa a farmacéutica
E é que quen máis quen menos estiraba a tarxeta de plástico ata que rompía sobre todo dende que se empezou a cobrar pola renovación. Con todo hai quen prefire seguir usando a tarxeta sanitaria física.