Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vox tenta evitar o declive electoral co apoio de Trump e Meloni

Vox tenta evitar o declive electoral co apoio de Trump e Meloni

Unha mensaxe de Donald Trump dálle as grazas a Santiago Abascal e sinala a necesidade de defender as fronteiras estatais

A italiana Meloni sinala que se necesita unha "Europa máis valente para responder ás grandes crises"

G24.gal 09/10/2022 20:59 Última actualización 09/10/2022 22:06

Santiago Abascal optou por reforzar a imaxe de Vox nun momento de certo desgaste, como apuntan as enquisas electorais. O acto VIVA 22, que se celebrou onte e hoxe en Alcobendas, tentaba pechar algunhas feridas que teñen nomes propios, como o caso Macarena Olona, e, en menor medida, Ortega Smith.

Na súa intervención, Abascal dixo que o prioritario é botar a Sánchez da Moncloa e decidir sobre temas como a inmigración. O evento deparaba varias sorpresas, como unha intervención gravada de Donald Trump.

"Quero empezar dándolle as grazas a Santiago Abascal polo incrible traballo que realiza. Todos estamos vivindo unha situación singular. Temos que asegurarnos de que defendemos as nosas fronteiras e impulsamos unha boa axenda conservadora. España é un gran país".

As mostras de apoio ampliáronse aos primeiros ministros de Hungría e Polonia, Orbán e Morawiecki. Tamén houbo unha mensaxe en vídeo da actual estrela mediática da extrema dereita europea, a italiana Giorgia Meloni.

"Necesitaremos compañeiros de viaxe leais e fiables, que desistan dunha vez por todas de facerlle unha chiscadela á esquerda".

O acto serviu para certificar o cambio na Secretaría de Organización. O catalán Ignacio Garriga, que substitúe a Ortega Smith, terá como un dos principais obxectivos lograr a paz entre as distintas familias políticas de Vox.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade