Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde a casa duns anciáns nos Albaredos e a aldea de Ferrei, en Quiroga

Arde a casa duns anciáns nos Albaredos e a aldea de Ferrei, en Quiroga

A parte do concello que pertence ao Courel, cara á Seara, ardeu completamente

O incendio que saltou da Rúa a Quiroga leva queimadas 4.000 hectáreas

Arden casas, palleiras e incluso a aldea de Ferrei, que está deshabitada. A situación de Quiroga hoxe é terrible.

G24.gal 17/08/2025 14:45 Última actualización 17/08/2025 23:58

No Courel levan ardidas unhas 4.000 hectáreas despois de que o venres á tarde o lume cruzara pola zona da Rúa cara a Quiroga, pasando polas localidades dos Albaredos, Centeais, Cereixido e Vilarmel.

Despois o incendio deu a volta e as lapas subiron por Bendoi e Vilar de Mandelo, que nestes momentos é a zona máis conflitiva. O monte está ardendo polas dúas beiras do Sil, e na súa voracidade arrasou a aldea de Ferrei, na que había tres casas baleiras.

Arde unha casa nos Albaredos

Unha casa ardeu completamente nos Albaredos. Os seus habitantes, un matrimonio maior, tivo que ser desaloxado.

Arden casas, palleiras e incluso a aldea de Ferrei, que está deshabitada. A situación de Quiroga hoxe é terrible.

Cecilia vive na Rúa e traballa na adega que hai nos Albaredos. As súas viñas morreron hoxe queimadas.

A parte de Quiroga que pertence ao Courel, a zona da Seara, ardeu completamente. A mañá deste domingo falábase de 4.000 hectáreas, pero a falta de datos oficiais o alcalde cre que esa cifra se vai multiplicar ata poder dicir que o lume arrasou coa metade do concello de Quiroga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade