Volve a presencialidade total ás aulas da Universidade de Santiago
As residencias e colexios maiores dan un paso cara á normalidade abrindo os espazos comúns xa ao cen por cento: comedores, aulas de estudo ou salas de usos múltiples
Pasou o máis duro da pandemia e tras ela regresa a normalidade en todos os ámbitos, tamén no universitario, onde volve a presencialidade total ás aulas, respectando, iso si, as normas básicas de seguridade.
"Agora temos todo presencial, moita xente e pouco espazo". "Agora, a verdade, agradécese a presencialidade total, ao final as clases online eran moi pesadas", comentan unhas estudantes
Onde máis se vai notar a volta á normalidade é nas residencias universitarias e nos colexios maiores, onde os protocolos tamén se relaxan.
"Non nos deixaban entrar nas residencias e é que eu teño unha amiga e non se podía ir, ou sexan a xente coábase, pero non sabía que agora si que xa se podía ir". " Antes tiñamos horarios nas cociñas, agora están abertas, ábrense outras salas, a sala de abaixo tamén está aberta, a sala de televisión e todas esas cousiñas", falan unhas universitarias.
Tamén poden ir xa de visita aos cuartos dos outros residentes que ata o de agora estaba prohibido. "Agora si podes entrar no cuarto, estar con eles, non se pode montar moito barullo porque ao final somos moitos residentes pero si tempos máis flexibilidade, podemos ser máis libres, si", explica unha residente.