Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prado volve ao podio o día da irrupción por sorpresa de Vlaanderen

Prado volve ao podio o día da irrupción por sorpresa de Vlaanderen

O piloto surafricano fixo pleno nas dúas roldas e levou o Gran Premio

Prado rematou terceiro en ambas as roldas e aproveitou a picada de Gajser (12º) para subir ao segundo chanzo do podio

Isto foi o máis destacado da segunda rolda
G24.gal 15/05/2022 17:50 Última actualización 18/05/2022 09:43

Jorge Prado volveu subir ao podio logo da súa inactividade por lesión da semana pasada nun Gran Premio de Sardeña dominado inesperadamente polo piloto surafricano Calvin Vlaanderen. Fixo pleno nas dúas roldas e superou os favoritos para subir ao chanzo máis alto do podio. Rubén Fernández refíxose logo dunha mala primeira rolda e rematou undécimo na xeral.

A primeira rolda xa empezou con sorpresa. Nada máis saír Tim Gajser e Jorge Prado colocáronse por diante do resto de pilotos no que semellaba de novo unha pelexa entre o esloveno e o lucense. Pero hoxe Calvin Vlaanderen tivo o seu día. Primeiro adiantou a Prado e con moita determinación foi polo actual líder do Mundial. E así quedaron os tres primeiros postos, con Vlaanderen primeiro, Gajser segundo e Prado terceiro. O vigués Rubén Fernández caeu dúas veces e foi o 16.º.

Pero a segunda rolda tiña preparadas aínda máis sorpresas. Jorge Prado marcou o holeshot e estivo varias voltas marcando o ritmo da proba. Gajser tivo varios problemas e foi perdendo posicións pouco a pouco. Remataría na 12.ª posición, que o deixa por primeira vez no que vai de Mundial fóra do podio. Rubén Fernández saíu terceiro, pero pouco a pouco foi perdendo folgos. Malia iso, rematou 7.º (11.º na xeral) e refíxose da mala primeira rolda. De novo a sorpresa foi Vlaanderen, que á metade da proba colleu folgos para comezar a remontar posicións e colocouse primeiro con moita autoridade. Un posto do que non se moveu ata o final da competición.

Así foi a primeira manga
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar