Publicador de contidos

Publicador de contidos

España máis preto do Mundial 2026 despois de gañar a Bulgaria con comidade

España máis preto do Mundial 2026 despois de gañar a Bulgaria con comidade

Oyarzabal, Cucurella e Mikel Merino fixeron os tres goles do encontro na primeira metade 

Carvajal e Rodri tiveron 30 minutos na súa volta ao combinado nacional 

Bulgaria só tirou unha vez á portería de Unai Simón

@SEFutbol @SEFutbol
G24.gal 04/09/2025 22:46

España acada os tres puntos no primeiro encontro de clasificación para o Mundial 2026. Luis de La Fuente saiu co 11 de gala ante Bulgaria e os primeiros 45 minutos chegaron para sentenciar o partido. Oyarzabal fixo o primeiro no minuto 5, logo Cucurella estreouse como goleador na selección e Mikel Merino, que xa asistira ao seu homónimo no primeiro, sentenciou antes do tempo de lecer.  

Na segunda metade chegaron os trocos, entre os que destacaron a volta de Rodri e Carvajal vestidos de vermello despois de susperar as súas lesións. 

A seguinte quenda para España será o domingo, ás 20.45, ante Turquía en Konya. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade