Publicador de contidos

Publicador de contidos

Visto para sentenza o xuízo polo acoitelamento dun menor á saída dunha discoteca compostelá

Visto para sentenza o xuízo polo acoitelamento dun menor á saída dunha discoteca compostelá

O fiscal mantén a petición de 9 anos de prisión para o acusado por un delito de homicidio en grao de tentativa, pena que a acusación eleva a 10 anos

Momento da declaración dunha das testemuñas durante a segunda xornada do xuízo
G24.gal 20/11/2025 13:49

Derradeira xornada do xuízo polo acoitelamento dun menor durante unha liorta ás portas dunha coñecida discoteca compostelá hai dous anos.

Oito testemuñas que dunha ou outra maneira interviñeron ou presenciaron a pelexa en que se produciu a agresión o 8 de xaneiro de 2023 declararon na segunda xornada do xuízo. Dous dos amigos da vítima describiron o golpe co que presuntamente o acusado lle asestou a coitelada á vítima, aínda que ningún viu nese momento a arma.

Declarou tamén un dos axentes que detivo o acusado tras a agresión e os peritos médicos. Describiron as lesións sufridas pola vítima, ao que tiveron que extirparlle o bazo, e tamén unha ferida no abdome que presentaba o imputado. A acusación axuntou un informe pericial do ADN da roupa dos implicados. Determina que o acusado tiña sangue da vítima no suadoiro que levaba e no peto do pantalón, compatible con que gardara nel a arma usada na agresión.

Nas súas conclusións, o fiscal mantén a petición de 9 anos de prisión por un delito de homicidio en grao de tentativa, pena que a acusación eleva a 10 anos. O avogado da defensa solicita a libre absolución. Considera que non quedou demostrado que o acusado fose o autor dos feitos, a arma non apareceu e en todo caso actuou en lexítima defensa durante a liorta. O caso quedou visto para sentenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade