Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vilasantar conta cun punto verde para reciclar os restos da poda

Vilasantar conta cun punto verde para reciclar os restos da poda

Os agricultores súmanse á economía circular

Vilasantar quere ser un concello Residuo Zero

Un veciño usando a biotrituradora dispoñible de balde no punto verde de Vilasantar
G24.gal 08/07/2022 15:14

Carlos é o primeiro veciño de Vilasantar que hoxe levou á súa casa a biotrituradora do punto verde. É un préstamo de balde para todos os veciños que o precisen. Carlos quere triturar as pólas dun carballo que podou.

"En vez de queimalo, polo menos aproveitámolo. É moi boa iniciativa isto, porque se pode dar outra saída, que volva á terra, xa que é da terra que volva para a terra", conta Carlos Vázquez, veciño de Vilasantar

Hoxe inaugurouse o punto verde de Vilasantar, unha iniciativa de Víctor e Marta, dous agricultores ecolóxicos que queren alimentar de novo a terra de forma natural.

 "Xa non se fan esas prácticas antigas de facer esterco e estas cousas que se alimentaba a terra, entón nós hai uns anos temos a sensación de que temos que alimentar, nutrir o noso chan. Levamos xa uns anos buscando materia orgánica por onde sexa, e haberá un par de anos que empezamos con este proxecto colaborando co Concello para intentar recircular toda a materia orgánica que sexa posible no noso concello e non mandala ao ceo queimándoa ou a vertedoiros ou a incenerar en Sogama ou onde sexa", informa Víctor Boga, copropietario a granxa ecolóxica Milloelandras

Para este proxecto inspiráronse nun modelo austríaco de xestión de biorresiduos.

 "En Austria é típico que os agricultores sexan os que xestionen a súa materia orgánica, co cal ten unha dobre vantaxe, o tema de emisións e de fixación de carbono no chan", continúa Victor

 "Paréceme unha boa idea que volva á terra o da terra, faise habitualmente en toda Europa", apunta Julie unha agricultora Belga que reside en Vilasantar

Para realizar este proxecto contaron coa axuda do concello e do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla, Tambre e Mandeo. A materia orgánica resultante da trituración pode usarse como acolchado para os cultivos, como estruturante para facer compost e incluso pode ter usos decorativos.

"Pode utilizarse para poñer ao pé das árbores, dunha roseira, é dicir, adornar os xardíns tanto con céspede como con restos de estelas trituradas" conta Victor.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar