Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reclaman melloras para o tren do norte nunha viaxe reivindicativa

Reclaman melloras para o tren do norte nunha viaxe reivindicativa

Varias plataformas participan na viaxe que unirá Bilbao e Ferrol entre os días 25 e 29 de maio

G24.gal 24/05/2022 14:39

A plataforma en defensa do ferrocarril di que os usuarios da alta velocidade apenas representan un catro por cento fronte aos que seguen facendo uso do tren convencional.

Di que é un servizo que non se pode perder, e por iso animan á cidadanía a sumarse á viaxe reivindicativa que percorrerá o norte nos próximos días, nunha viaxe que sairá de Bilbao e rematará en Ferrol o próximo día 29.

Din que con ela non só queren chamar a atención, senón demandar solucións para un servizo que, segundo a plataforma, non só estrutura o territorio, senón que tamén é modelo de mobilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade