Publicador de contidos

Publicador de contidos

Verducido plantará unha árbore autoctóna por cada nacemento na parroquia

Verducido plantará unha árbore autoctóna por cada nacemento na parroquia

O proxecto 'Bosque de vida' dará as árbores os nomes dos nenos nados na localidade pontevedresa neste século

G24.gal 23/02/2022 13:45

A parroquia de Verducido leva 5 anos consecutivos perdendo poboación. É máis, agora, o último dato do padrón municipal fala de menos de 900 veciños censados, cando hai dúas décadas se superaban amplamente os 1.000 habitantes. En parte por esta sangría demográfica no rural galego xorde este proxecto.

A iniciativa que xunta a parte medioambiental coa demográfica nunha leira do lugar de Bordel conta co visto e prace dos veciños da zona.

Os terreos forestais xa están sendo preparados para a substitución dos piñeiros e eucaliptos e pronto os veciños máis novos de Verducido poderán contemplar un bosque de carballos, cerdeiras ou castiñeiros bautizados cos seus propios nomes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade