Venezuela revogará permisos de voo ás aeroliñas que non retomen a actividade este mércores
A pesar do aviso de Venezuela, o país segue acumulando cancelacións e voos internacionais
Imaxe de arquivo de aeronaves de Iberia, unha das compañías que suspendeu os voos a Venezuela(REUTERS/Isabel Infantes)
Venezuela continuou este martes acumulando cancelacións de voos internacionais, sobre todo con destino e orixe en España, mentres avanza o prazo que o Goberno deu ás aeroliñas para retomar as operacións antes das 16.00 GMT do mércores, baixo ameaza de retirar os permisos de voo permanente.
A advertencia chegou nun contexto marcado polas suspensións de itinerarios desde e cara a Caracas. O Executivo comunicou ás compañías que deben reanudar os servizos antes das 12.00 hora local do mércores para evitar sancións.
Segundo fontes do Ministerio de Transporte, o Estado fixou unha posición clara co sector e prevé tomar medidas se as empresas non modifican a súa planificación.
A situación prodúcese a raíz da desprgadura militar dos Estados Unidos e o seu aviso de risco de conflito
A situación produciuse tras unha alerta da autoridade aérea estadounidense sobre os sobrevoos en territorio venezolano, nun momento no que Estados Unidos mantén unha despregadura militar no Caribe.
Desde o sábado ata este martes, unhas 33 operacións internacionais quedaron suspendidas. A Administración Federal de Aviación dos Estados Unidos pediu extremar precaución sobre Venezuela e o sur do Caribe ao considerar que existe un escenario potencialmente perigoso.
A notificación coincide coa despregadura militar estadounidense baixo o argumento de combater o narcotráfico, unha acción que Caracas interpreta como unha ameaza.
Air Europa, Laser, Estelar e Gol amplían cancelacións
Air Europa comunicou este martes a cancelación dos voos con Madrid dos días 27, 29 e 30 de novembro.
Laser informou de que non pode voar a Madrid ata o 1 de decembro tras recibir un aviso de Enaire, que recomendou aos operadores españois evitar voar no espazo aéreo da FIR Maiquetía, que cobre Venezuela e parte do Caribe.
Estelar tomou a mesma decisión e suspendeu os voos do 24, 26, 28 de novembro e 1 de decembro. A compañía anunciará as novas datas unha vez caduque a advertencia de Enaire.
Laser e Estelar operan estas rutas en colaboración con Plus Ultra e Iberojet.
A brasileira Gol mantén suspendidos os seus voos polo menos ata o venres. Esta aeroliña cobre a ruta entre Caracas e o aeroporto de Guarulhos, en São Paulo.
Polo momento, continúan operando no país Copa, Wingo, Boliviana de Aviación, Satena e a estatal Conviasa.
Reunión co sector e reacción das aeroliñas
O luns, o Goberno e representantes das aeroliñas reuníronse para coordinar medidas que garantan a continuidade das operacións. O Ministerio de Transporte destacou que a mensaxe central foi a confianza e a seguridade no servizo.
A Asociación Internacional de Transporte Aéreo indicou que o escenario se complicou coa advertencia do Instituto Nacional de Aeronáutica Civil, que deu 48 horas ás empresas para retomar as operacións baixo risco de perder dereitos de tráfico.
Segundo a asociación, esta medida afecta só as compañías que xa suspenderon os seus voos. Entre elas figuran Iberia, Air Europa, Plus Ultra, TAP, Avianca, Latam, Turkish Airlines e Gol.
Latam anunciou que reprogramará para o 2 de decembro un voo previsto para o 26 de novembro entre Bogotá e Caracas.
O presidente Nicolás Maduro instou o ministro de Transporte a garantir o cumprimento da lei, aínda que non entrou en detalles nin mencionou directamente as cancelacións das aeroliñas.