Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños e comerciantes de Foz denuncian que hai tres homes que alteran a convivencia

Veciños e comerciantes de Foz denuncian que hai tres homes que alteran a convivencia

Ao parecer o grupo dedícase a danar vehículos, ameazar e mesmo agredir fisicamente outras persoas 

Un deles ten un can que xa atacou dous homes, un deles leva unha semana ingresado no hospital debido á gravidade das feridas

G24.gal 19/05/2025 13:25

Aumentan os problemas de seguridade na rúa Corporacións de Foz. A Garda Civil tivo que intervir en varias ocasións ante a actitude violenta dun grupo de tres homes que ameaza os veciños, provocan danos nos coches e vanse sen pagar dos establecementos. 

"Levan un tempo aquí en Foz, creando leas, rompendo os cristais dos coches e facendo estragos", explica un veciño

O episodio máis grave ocorreu nesta lavandería. Un veciño foi atacado polo can dun dos alteradores. O home leva unha semana no hospital debido á gravidade das súas feridas.

"Por culpa dun can que estaba sen bozo, el foi sacalos e o can atacoulle" di un veciño.

Outro hostaleiro tamén foi atacado polo can. O animal levárono a unha canceira.

 "Sóltao e increpa a xente con el e o can faille bastante caso no tema agresivo", di unha muller.

Os veciños teñen medo e reclaman máis control policial. 

"É unha inxustiza, isto ten que estar máis controlado pola policía", comenta unha veciña.

O grupo conflitivo fórmano dous mozos duns 20 anos e un home de 40. Dormen nos portais e xa os botaron doutras localidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade