Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manifestación cidadá polas rúas de Madrid en defensa da sanidade pública

Manifestación cidadá polas rúas de Madrid en defensa da sanidade pública

Reclaman máis investimento para atención primaria e o aumento de persoal nas urxencias e nos centros de saúde

Os coelctivos veciñais convocantes denuncian o trato "indigno" do Goberno de Madrid cara ao persoal sanitario

Imaxe da manifestación. EFE/Chema Moya Imaxe da manifestación. EFE/Chema Moya
G24.gal 13/11/2022 08:16 Última actualización 13/11/2022 12:49

Unha manifestación cidadá, convocada por asociacións veciñais e por municipios, percorre este domingo o centro de Madrid baixo o lema "Madrid levántase pola sanidade pública".

Participan tamén profesionais das urxencias de atención primaria, que están chamados a unha nova xornada de folga.

A marcha, amenizada por batucadas compostas por máis de catrocentas persoas, comezou ás 12:00 horas e percorre varias rúas en catro columnas que confluirán desde diferentes zonas da cidade na praza de Cibeles. Alí instalouse un escenario no que se vai un manifesto e haberá varias intervencións.

Segundo o coordinador da acción, José Luis Yuguero, a veciñanza uniuse para presentar "batalla" contra as "arbitrariedades", os "recortes" e o trato "indigno" ao persoal da sanidade pública por parte do Goberno da Comunidade de Madrid. É algo que "non podemos admitir" porque son "os nosos heroes, deixaron a vida na pandemia e están deixando a pel para manter a calidade na asistencia", aseverou.

A convocatoria da protesta recibiu decenas de vídeos de apoio en redes sociais de actores como Juan Diego Botto, Luís Tosar, Alberto San Juan e Jorge Sanz, ademais do director de cinema Miguel Albaladejo.

Reivindicacións

No seu manifesto, os convocantes sinalan que a xestión da Consellería de Sanidade "potencia o modelo de colaboración público-privada" polo que "de cada dous euros orzados para a sanidade pública en Madrid, un termina en petos privados".

A Comunidade de Madrid, sendo a rexión con maior renda per cápita, "é a que menos diñeiro inviste en atención primaria, a que menos diñeiro gasta por habitante e a que menos centros de saúde ten por 100.000 habitantes", afirman.

Para os convocantes, "está a atentarse contra os dereitos laborais dos traballadores e contra a seguridade da cidadanía, sen cubrir con médicos os centros de urxencias e tentando suplir a relación terapéutica con videochamadas".

Entre outros asuntos, reclaman o 25 % do orzamento de sanidade para a atención primaria e a blindaxe da sanidade pública coa derrogación das leis que permiten a privatización sanitaria.

Tamén o aumento do persoal nos centros de saúde e nas urxencias con contratos "dignos e estables" que freen o éxodo de profesionais de Madrid a outros lugares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos