Publicador de contidos

Publicador de contidos

A veciñanza de Teo, indignada pola corta de árbores no parque dos Tilos

A veciñanza de Teo, indignada pola corta de árbores no parque dos Tilos

O Concello de Teo decidiu cortar 9 árbores liquidámbar por consideralos un risco para as persoas

A AAVV dos Tilos presentara un contrainforme dun enxeñeiro forestal que constataba a boa saúde das especies  

G24.gal 11/01/2023 13:12

Os veciños dos Tilos, no concello coruñés de Teo, espertaban este martes coa corta de varias árbores do parque. Varios operarios realizaron a corta de nove liquidámbarque se erguían no desde 1989.

"Agora vemos esta desfeita. A miña filla, que ten 38 anos, choraba" explica Esther, veciña dos Tilos. 

No mes de novembro o Concello de Teo publicou a decisión de cortar 9 liquidámbar, segundo lles comunicaron aos veciños, por un posible risco para a seguridade das persoas. "Seguridade é que hai unhas árbores, unhas pereiras chinesas, que tiñan que permitirlle medrar", di o presidente da asociación de veciños Os Tilos, Alejandro Teijeiro, en referencia ao informe que presentou o concello. Dito escrito indica que "o tronco non presentaba risco de desprendemento", engade Alejandro Teijeiro. 

A partir de aquí a asociación mobilizouse para evitar este desenlace e mesmo chegou a presentar un contrainforme  que probaba que as árbores estaban sas e non existía tal risco.

"Falamos cun enxeñeiro forestal e dicía que cunha poda quedaría solucionado", explica o presidente da AAVV Os Tilos. Amais deste escrito, presentaron a semana pasada unha instancia ao Concello para que non levasen a cabo a corta, pois "cos temporais a ningún dos liquidámbar lle caeu ningunha póla, mentres que a outras árbores do parque si", di Alejandro.

Non recibiron resposta, ata que no día de onte se atoparon con que comezaran coa corta, e esta mañá seguían a retirar a madeira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade