Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varios centros de saúde da área de Vigo só atenderán urxencias e casos covid ata o 10 de xaneiro

Varios centros de saúde da área de Vigo só atenderán urxencias e casos covid ata o 10 de xaneiro

O Sergas tomou a decisión ante a elevada presión asistencial e o déficit de persoal

G24.gal 04/01/2022 13:05

A incidencia disparada na área de Vigo levou ao Sergas a restrinxir a actividade en varios centros de saúde, que só atenderán urxencias e casos de covid. No caso de Vigo cidade, os centros afectados son os de Navia, o Nicolás Peña, Beiramar, Casco Vello, Matamá e o de Teis só na quenda da tarde.  

No resto da área sanitaria restrínxese a actividade nos centros de saúde do Rosal, A Guarda, Oia, Ponteareas, O Porriño, Tomiño. E en Cangas e Moaña, só pola tarde. De momento esta situación manterase unha semana, ata o 10 de xaneiro, e daquela revisarase. 

Así se recolle nunha instrución da Dirección de Atención Primaria, e xustifican a medida para axudarlles aos profesionais sanitarios a soportar a actual presión, ante o déficit de persoal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos